Souto - Apelido Souto

Soutos famosos:


Xurxo Souto. Nado na Coruña no ano 1966. É cantante, escritor e locutor. Formou parte da banda de rock galego "Os Diplomáticos de Monte-Alto".
Carlos Souto. Nado en Buenos Aires no ano 1955.É un publicitario arxentino, fillo de emigrantes galegos. Dirixe a axencia de publicidade "La Ese", adicada á publicidade política. Leva colleitado moitos éxitos en sudamérica.
Eduardo Souto de Moura. Nado no Porto (Portugal) o 25 de xullo de 1952. É un arquitecto de renome.
Marcial Souto. Nado na Coruña en 1947. Viviu no Uruguay e na Arxentina. Foi creador e director de varias revistas.

Ditos con Souto:

O cuco e maila rula ían polo Souto abaixo; o Cuco como é máis fino botou á rula por baixo.

eXTReMe Tracker

Orixe do apelido Souto:


O apelido Souto ten a súa orixe na Galiza histórica - a formada no seu día pola actual Galicia máis o norte de Portugal-. De Portugal e Galicia pasou a América. Tamén se extendeu por España, onde foi "castelanizado" a "Soto". Nembargantes conviven en España os "Soto" e os "Souto". Os Souto corresponden ás últimas grandes oleadas migratorias do século XX cara os polos industriais Españois (Madrid, Barcelona, Bilbao).
Souto é un bosque con castiñeiros (tamén chamados Castiros). Son moitos os topónimos de parroquias e aldeas chamados Souto en Galicia e norte de Portugal, onde abundaban noutrora os Soutos de castiñeiros. Se buscamos na microtoponímia pódese dicir que en tódalas parroquias galegas existe o microtopónimo "Souto", normalmente asociado a un adxetivo ou a outro nome ("Souto longo", "Souto chao", "Souto de arriba", "Souto do Fundal", "Souto da Ribeira". Estes Soutos, como se dixo, eran na idade media o substento da poboación para o inverno. Nos soutos había os "ouriceiros" onde se almaceaban os ourizos que caían dos castiros no outono e logo íanse debullando no inverno para extraerlles as castañas. Os ourizos -aloxamento natural da castaña- eran un excepcional recipente de conservación das castañas para o inverno. As castañas que se recolectaban no outono tamén se almacenaban nas vivendas, onde se secaban -normalmente no canizo-. Nos soutos cada casa labrega tiña marcados os seus castiros -normalmente cunha letra, ou cun símbolo -unha pata de galo, unha rella, etc-. Os soutos eran lugares abertos, é dicir calquera podía ir a recolectar as castañas que caían co vento no outono; pero cando se trataba de recolectalas, solamente cada casa podía barealos seus castiros; cada casa tiña un ou varios ouriceiros para gardalos ourizos que barearan dos seus castiros. Hoxe en día quedan poucos Soutos Colectivos, están en lugares afastados ou de escaso interese agrícola ou gandeiros (ribeiras de rios, etc). É unha magoa que dende as institucións públicas non se dicten medidas para conservar os poucos que quedan. No seu recordo quedan os microtopónimos. A castaña deixou de selo substento da poboación durante o inverno cando chegou a pataca de América.

Nota: podedes copiar o texto, co único compromiso de poñer unha ligazón ou enlace a esta páxina.

Servicio de dominio y hosting ofrecido por guebs